MENÚ

Coñece a campaña "Merca no Comercio Local. Merca na Provincia de Lugo."

A campaña "Merca no Comercio Local. Merca na Provincia de Lugo" é unha iniciativa da Federación de Comercio de Lugo, coa colaboración da "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO" e as asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo.

A campaña tivo lugar entre o 15 de Novembro de 2021 e o 31 de Decembro de 2021 e nela poideron participar todos os clientes do comercio de proximidade de provincia de Lugo que mercaron nesas datas. Entre eles sortearanse 30.000 euros en premios, distribuidos en 1.000 tarxetas prepago regalo de 30 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais lucenses ata o 30 de Xuño de 2022. Tiveron lugar 4 sorteos en total, ante notario, nas seguintes datas: 25 de Novembro, 9 e 23 de Decembro de 2021, e 3 de Xaneiro de 2022.

Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.mercandoenlugo.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistrase a túa compra a través da páxina web www.mercandoenlugo.com/comercios. Deste xeito, tú como consumidor obterías unha participación a maiores para os sorteos.

* En ámbolos dous casos, ti como cliente debías fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios foron contactados pola Federación de Comercio de Lugo para informarlles do premio obtido e cando sería entregado. Así mesmo, os gañadores dos sorteos están publicados nesta mesma páxina web.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono 982 255 120 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.