1) Descrición
"MERCA NO COMERCIO LOCAL.MERCA NA PROVINCIA DE LUGO" é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Federación de Asociacións de Comercio da Confederación Provincial de Empresarios de Lugo-en diante Federación de Comercio de Lugo- coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, e as asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo.
Esta campaña promocional iniciarase en data de 15 de novembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2021 (ambas datas engadidas), e o seu ámbito é a provincia de Lugo, podendo participar todos os consumidores/clientes do pequeno comercio de proximidade da provincia de Lugo nas datas sinaladas, segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases.
2) Obxectivo
O obxectivo fundamental da campaña é concienciar aos consumidores lugueses da importancia de comprar e consumir nos comercios de proximidade da provincia, incentivando o consumo mediante o sorteo de 30.000 euros en premios a os compradores que merquen nos establecementos locais. Trátase de fortalecer o consumo no comercio minorista da provincia no derradeiro trimestre do 2021, mantendo a actividade económica do sector e dentro do posible, reactivando o emprego, tanto propio como por conta allea.
3) Dinámica e Funcionamento
Trátase dunha campaña “aberta”, na que poderán participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra por importe mínimo de 10 euros en pequenos comercios retallistas da provincia de Lugo, durante as datas de duración da campaña, isto é, do 15 de novembro de 2021 ao 31 de decembro de 2021, sempre e cando cumpran os requisitos e sigan as instruccións de rexistro das úas compras detalladas nestas bases. Non poderán participar nesta campaña/sorteo os traballadores da Federación de Comercio de Lugo, nin os titulares ou traballadores dos comercios participantes, así como tampouco familiares ata segundo grao dos mesmos cos tickets do propio establecemento.
Así pois, os consumidores ou clientes que merquen no pequeno comercio retallista da provincia de Lugo nas datas sinaladas (entre o 15 de novembro de 2021 e o 31 de decembro de 2021 engadidos), e desexen participar na campaña, deberán en todo caso conservar o ticket da compra realizada no pequeno comercio tradicional, ou fotografía do mesmo, a fin de dispoñer dun xustificante, SENDO AS MODALIDADES DE INSCRICIÓN E REXISTRO DA COMPRA REALIZADA AOS EFECTOS DE PARTICIPAR NOS DISTINTOS SORTEOS A REALIZAR, AS DÚAS SEGUINTES:
(I) O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo a través da plataforma/dirección web habilitada a tal efecto e denominada www.mercandoenlugo.com, efectuando o correspondente rexistro da operación de compra realizada no comercio tradicional lucense por valor superior a 10 euros e nas datas indicadas, o que lle dará dereito a 1 participación nos sorteos. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra realizada e o cliente ou consumidor. So poderán facer un rexistro por operación de compra superior a 10 euros, e cada operación de compra rexistrada, equivale a 1 participación. Cantas máis compras fagan no pequeno comercio, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.
(II) Outra modalidade de rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo será contando coa colaboración activa do comerciante retallista (modalidade de participación a realizar exclusivamente no establecemento comercial), a través da cal o comerciante poderá rexistrar directamente as operacións de compra dos seus clientes e a través da plataforma habilitada a tal efecto denominada www.mercandoenlugo.com/comercios, debendo quedar así mesmo perfectamente rexistrada a operación de compra no comercio tradicional, así como plenamente identificado o consumidor/cliente. A vantaxe desta modalidade de participación é que o consumidor que sexa rexistrado para participar baixo esta modalidade, obterá 2 participacións para os sorteos por cada operación de compra no pequeno comercio desde xeito. Esta opción de rexistro ten tamén especial relevancia para cumprir cos obxectivos da campaña, posto que permitirá aos establecementos contar con ferramentas de fidelización, rexistrar os datos dos seus clientes e activar promocións e ofertas a estos consumidores que así o autoricen, que serán susceptibles de interactuar dixitalmente cos negocios a través de push up, SMS, e-mail ou calquera outra vía de comunicación que empregue novas tecnoloxías.
Sinalar que quedan excluídos de participar no sorteo todos os tickets de compras efectuadas en establecementos incluidos no Sistema Nacional de Pago baixo calquera dos seguintes Códigos de Actividade Interbancaria: Alcampo (1387, 1524, 2387, 2524, 5335), Carrefour (1386, 1389, 1423, 1525, 2386, 2525) El Corte Inglés (5959), Hipercor (5338), Eroski (1388, 1415, 1416, 1417, 1446, 1529, 2388, 2529). Do mesmo xeito, excluiranse os tickets de compras realizadas en gasoliñeiras: Alcampo Gasolineiras, Consum Gasolineiras, CEPSA, Agip, BP Oil, Retail Operating Company, Makro Gasolineiras, Leclerc Gasolineiras, Corp. Alim. Guissona Gasolineiras, Bon Preu Gasolineiras, Uvesco Gasolineiras, Eroski Gasolineiras, Repsol, Campsa, así como venda de combustible a domicilio.
4) Realización dos sorteos
O rexistro das compras efectuadas nas datas da campaña (por importe mínimo de 10 euros) dará dereito ós consumidores a participar nos 4 sorteos de bonos (tarxetas prepago) de 30 euros, que se realizarán durante a duración da campaña, cun globar de 1.000 bonos/tarxetas (4 sorteos de 250 bonos cada un).
ESTES 4 SORTEOS terán lugar ante notario nas seguintes datas: 25 de novembro, 9 e 23 de decembro de 2021, e 3 de xaneiro de 2022.
Todos os sorteos terán lugar os días sinalados ás 12.00 horas, na Deputación Provincial de Lugo (sita en Rúa San Marcos, 8, 27001, Lugo), de xeito telemático, mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre todos os participantes, ata rematar a totalidade de bonos/tarxetas prepago dispoñibles para sortear en cada un dos sorteos (250 agraciados).
A realización telemática dos sorteos polo sistema referido, non será aberta ao público, sendo o resultado do mesmo comunicado aos agraciados polos medios que determine a organización, e que permitan deixar constancia da notificación realizada fehacientemente.
5) Premios
OS BONOS/PREMIOS A SORTEAR NESTA CAMPAÑA consistirán en TARXETAS PREPAGO de ABANCA, debidamente personalizadas coa imaxe da campaña, e que os consumidores que resulten agraciados, deberán utilizar para realizar novas compras única e exclusivamente no pequeno comercio tradicional da provincia de Lugo, quedando expresamente excluidos os códigos de actividade interbancaria recollidos no apartado 3 das bases, así como as gasoliñeiras. Deste xeito, cúmprese o fin último da campaña de fomento e promoción das compras no comercio de proximidade de Lugo e provincia.
O NÚMERO TOTAL DE TARXETAS PREPAGO QUE SE SORTEARÁN NESTA CAMPAÑA E OS IMPORTES RESPECTIVOS DAS MESMAS, SERÁN OS SEGUINTES:
1.000 TARXETAS PREPAGO POR VALOR DE 30 EUROS CADA UNHA DELAS
O IMPORTE TOTAL DAS TARXETAS PREPAGO A SORTEAR POLO TANTO NESTA CAMPAÑA ASCENDE A 30.000 EUROS. O prazo de caducidade da totalidade das tarxetas prepago será ata o 30 de xuño do 2022 engadido.
Os premios enténdense como cantidades brutas, suxeitas ás retencións que establece a lei vixente no seu caso; polo tanto, dita retención aplicarase automáticamente nos supostos que proceda.
O consumidor/cliente rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cun destes bonos/tarxetas prepago, xa non poderá optar a ningunha máis, podendo obter polo tanto cada consumidor un único bono/tarxeta prepago de 30 euros.
RESERVAS:
No mesmo acto de realización dos 4 SORTEOS TELEMÁTICOS, ademáis dos 250 elexidos como agraciados en primeiro lugar, e seguindo o mesmo sistema, serán elexidos tamén aletatoriamente o seguinte número de reservas, para o caso de que algún dos premiados non cumpra as condicións ou requisitos desta campaña detallados nas presentes bases reguladoras:
- 50 RESERVAS PARA AS TARXETAS PREPAGO VALORADAS EN 30 EUROS.
A ENTREGA DAS TARXETAS PREPAGO AOS AGRACIADOS será realizada na modalidade que acorde a organización segundo a situación sanitaria derivada da evolución da COVID19, unha vez realizado cada un dos sorteos e sempre antes de rematar o primeiro trimeste do ano 2022, sendo todos os agraciados fehacientemente notificados a tal fin, mediante comunicación persoal.
En calquera caso, comunicaráselles aos agraciados previamente e coa antelación suficiente no seu caso, a forma de entrega dos premios. No caso de que algún agraciado non se presente a recoller o premio correspondente, unha vez notificado fehacientemente e convocado a tal efecto, entenderase que renuncia ao mesmo a tódolos efectos, salvo que o agraciado xustifique a súa ausencia ante a organización por causa de forza maior allea a súa responsabilidade.
6) Taxas
A Federación de Comercio de Lugo realizará todos os trámites pertinentes para a comunicación previa desta campaña ao servizo de XOGOS, encargándose asimesmo da liquidación das pertinentes taxas perante Facenda Autonómica (12% do valor económico total do sorteado).
7) Bases
Estas bases serán depositadas ante NOTARIO, e asimesmo, estarán a disposición de tódolos consumidores interesados en participar e que desexen consultalas, na páxina web www.mercandoenlugo.com
A mera participación nesta campaña supón a plena aceptación destas bases, así como a aceptación de tódolas condicións e requisitos recollidos nas mesmas a tódolos efectos.
8) Protección de datos
De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de Abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fcl@comerciogalicia.es. Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa: CDMON, con domicilio en Malgrat de Mar, 08380 de Barcelona, c/ Girona 81-83, Local 6, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable.
Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con tódalas garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.
A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.
O titular dos datos subministados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fcl@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar. O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.
9) Dereito de modificación
A Federación de Comercio de Lugo resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como o de suspender a campaña/sorteos, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.